Caídas, factores asociados y de riesgo en una población de personas mayores frágilesestudio transversal con validación del diagnóstico de enfermería

  1. García Martínez, Carmen María
Dirixida por:
  1. José Carlos Millán-Calenti Co-director
  2. Laura Lorenzo López Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 28 de xullo de 2017

Tribunal:
  1. José Javier Soldevilla Ágreda Presidente/a
  2. Carmen Coronado Secretario/a
  3. Emilio Fariña López Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 492356 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Introdución Na actualidade, o síndrome de fraxilidade, estreitamente ligado á perda de funcionalidade, considérase un dos Síndromes Xeriátricos de maior relevancia a nivel preventivo, diagnóstico e terapéutico na atención ás persoas maiores. Espérase que en anos sucesivos xere un alto impacto social e sanitario. Por este motivo, a actuación e investigación no grupo de maiores fráxiles está a converterse nunha prioridade a nivel mundial, para garantir unha adecuada atención a este grupo de poboación, baseándose sobre todo en mellorar a detección e a intervención sobre a fraxilidade e as caídas, para así poder atrasar e/ou evitar a perda de funcionalidade, inherente a ambas situacións. Obxectivos Describir as características xerais e os factores de risco de caídas dunha mostra de maiores institucionalizados e fráxiles, segundo presenten antecedentes ou non de caídas nos últimos seis meses. Material e Método Realizouse un estudo observacional retrospectivo de casos (caídas nos últimos seis meses) e controis (non caídas rexistradas nos últimos seis meses) nunha mostra de 73 persoas maiores fráxiles, institucionalizadas no Complexo Xerontolóxico A Milagrosa na Coruña. Resultados A media de idade foi de 86,75±7,98 anos, o 74% foron mulleres e o número de caídas foi de 61 cunha media de 0,84±1,35 por suxeito, sendo a causa da caída, factores intrínsecos nun 57,3%. Os factores de risco máis frecuentemente presentados polos maiores fráxiles institucionalizados co diagnóstico enfermeiro “risco de caídas” son a presenza de antecedentes de caídas e o uso de suxeicións. Conclusións Os resultados recollidos na validación clínica móstrannos que os factores de risco antecedentes de caídas e uso de suxeicións son bos preditores do diagnóstico enfermeiro “risco de caídas” nos maiores fráxiles institucionalizados. Os demais factores de risco recollidos en NANDA-I Diagnósticos Enfermeiros 2015- 2017 non foron específicos e preditivos do diagnóstico estudado.