Avaliación de eventos culturaiso caso do Festival de Cans en Galicia
- NÚÑEZ ALONSO, FRANCISCO JAVIER
- Francisco Javier Sanjiao Otero Directeur/trice
Université de défendre: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 12 mai 2017
- Xavier Vence Deza President
- Francisco Javier Gómez González Secrétaire
- Maria Elisabeth Faria Real de Oliveira Rapporteur
Type: Thèses
Résumé
“Avaliación do impacto de eventos culturais: O caso do Festival de Cans ” é un traballo de investigación sobre o festival de curtametraxes galego. Ao longo do estudo mediuse o impacto do festival nas súas dimensións económica, social e comunicativa obténdose datos que permiten á organización xustificar o investimento público, atraer investimento privado e motivar a asistencia do público. Coa información recollida das persoas participantes procedeuse ao establecemento de relacións entre variables demográficas, hábitos de consumo, percepción do festival e gasto co obxectivo de establecer propostas de mellora que permiten axustar a oferta á demanda, potenciar a comunicación e maximizar a xestión económica. O documento péchase cun sistema de indicadores, creado ad hoc para o evento, que permite posicionar o produto no mercado cultural e diagnosticar tendencias no modelo de festival apoiando a toma de decisións.