Compact data structures for large and complex datasets

  1. Silva Coira, Fernando
Dirigée par:
  1. Susana Ladra Co-directeur/trice
  2. José Ramón Paramá Gabia Co-directeur/trice

Université de défendre: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 26 juillet 2017

Jury:
  1. Nieves R. Brisaboa President
  2. Miguel Á. Martínez Prieto Secrétaire
  3. Gilberto Gutiérrez Retamal Rapporteur

Type: Thèses

Teseo: 494908 DIALNET lock_openRUC editor

Résumé

Nesta tese estudamos o problema de procesar grandes coleccións de datos, presentando novas estruturas de datos compactas e algoritmos que nos permiten almacenalas e analizalas de forma eficiente. Centrámonos en tres dominios principais: procesamento de datos multidimensionais, representación de información espacial e análise de datos científicos. O nexo común é o uso de estruturas de datos compactas, que combinan nunha única estrutura de datos unha representación comprimida dos datos e as estruturas para acceder a tales datos. O obxectivo é poder manipular os datos directamente en forma comprimida, e desta maneira, manter os datos sempre comprimidos, incluso na memoria principal. Con esto obtemos dous beneficios: podemos xestionar conxuntos de datos máis grandes na memoria principal e aproveitar un mellor uso da xerarquía da memoria. Na primera parte propoñemos unha estructura de datos compacta para bases de datos multidimensionais onde os dominios de cada dimensión están xerarquizados. Permítenos consultar eficientemente a información agregada (sumar valor máximo, etc) a diferentes niveis de cada dimensión. Un entorno de aplicación típico para a nosa solución sería un sistema OLAP. En segundo lugar, centrámonos na representación de información espacial, especificamente en datos ráster, que se utilizan comunmente en sistemas de información xeográfica (SIX) para representar atributos espaciais (como a altitude dun terreo, a temperatura media, etc.). O novo método permite realizar eficientemente varias consultas espaciais típicas con tempos de resposta mellores que o estado da arte, ao mesmo tempo que reduce o espazo utilizado tanto na memoria principal como no disco. Ademais, tamén presentamos un marco de traballo para realizar un join espacial entre conxuntos de datos vectoriais e ráster, que usa a estructura de datos compacta previamente presentada nesta parte da tese. Por último, presentamos unha solución para o cálculo de momentos empíricos a partir dun conxunto de traxectorias dun proceso estocástico de tempo continuo observadas nun período de tempo dado. A función de autocovarianza empírica é un exemplo de tales operacións. Nesta tese propoñemos un método que comprime secuencias de números flotantes que representan traxectorias de movemento Browniano, aínda que pode ser empregado noutras áreas similares. Ademais, tamén introducimos un novo algoritmo para o cálculo da autocovarianza que emprega unha única traxectoria á vez, en lugar de cargar todo o conxunto de datos, reducindo o consumo de memoria durante o proceso de cálculo.