Análisis de la predicción científica en William Whewellestudio filosófico-metodológico de su planteamiento e incidencia posterior
- Rey Romero, Jéssica
- Wenceslao J. González Fernández Director/a
Universidad de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 22 de junio de 2018
- Pascual F. Martínez Freire Presidente/a
- María de la Concepción Caamaño Alegre Secretaria
- Javier Ordóñez Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
A predición científica é un dos temas centrais da Ciencia como actividade humana, pois a anticipación do futuro posible é moi importante para o avance do coñecemento humano. Así víao William Whewell, quen tamén soubo ver o valor que ten a Historia da Ciencia para facer Filosofía da Ciencia. A predición científica ocupa un posto clave na súa visión da actividade científica pois considera a predición coma un obxectivo primordial da Ciencia. Neste contexto, esta Tese Doutoral presenta tres obxectivos principais. 1) A investigación ten como labor destacado analizar a caracterización que fai Whewell da predición científica. Analízanse os elementos semánticos, lóxicos, epistemolóxicos, metodolóxicos, ontolóxicos, axiolóxicos e éticos da actividade científica. 2) A tenor dos planos anteriores, búscase ofrecer unha reconstrución sistemática da súa visión filosófico-metodolóxica na que a predición científica serve de fío condutor. 3) Estúdiase a incidencia de Whewell en autores especialmente representativos: a repercusión da súa concepción filosófico-metodolóxica, en xeral e a predición científica, en particular. Para elo realízanse frecuentes alusións a propostas científicas e da Filosofía da Ciencia coetáneas e posteriores a Whewell.