English as a lingua franca in the business domainthe case of university spin-off companies in Galicia

  1. Pérez-Gómez, Veronica
Dirixida por:
  1. María J. Cabarcos-Traseira Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 13 de xullo de 2020

Tribunal:
  1. María Jesús Lorenzo Modia Presidente/a
  2. Juan Miguel Zarandona Fernández Secretario
  3. Hadrian Lankiewicz Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 620018 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O inglés como lingua franca no ámbito empresarial: Estudo das empresas spin-off universitarias en Galicia Os estudos pertencentes ao campo do inglés como lingua franca e do inglés como lingua franca dos negocios (ELF/BELF) fan especial fincapé na recente visión problemática da competencia en lingua inglesa baseada no falante nativo. Máis concretamente, os investigadores de ELF/BELF remarcan que os estudos correspondentes á área da comunicación internacional empresarial e de xestión teñen abordado o uso do inglés desde a perspectiva do inglés como lingua nativa, no canto de considerar que a maior parte da comunicación internacional ten lugar entre falantes de inglés non nativos. Polo tanto, os materiais pedagóxicos que se elaboran para a ensinanza do inglés no ámbito empresarial toman ao falante nativo de inglés como referencia. Deste modo, os investigadores do campo de ELF/BELF salientaron a necesidade de levar a cabo máis estudos que analicen a forma na que os individuos comprenden o uso do inglés. Considerando estas circunstancias, o obxectivo desta tese doutoral é investigar como e por que se usa o inglés nas empresas spin-off relacionadas coas tres universidades galegas: a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo. Para dar resposta a estas cuestións, realizouse unha revisión exhaustiva dos traballos máis significativos dentro da área de ELF, xunto coa recollida e análise de datos empíricos. Esta investigación empírica está baseada nunha serie de entrevistas a traballadores de 47 empresas diferentes. Os resultados indican que os participantes son usuarios de ELF, posto que non se identifican co modelo de inglés como lingua nativa (ENL), senón que conciben o inglés como outro medio para acadar as súas metas profesionais. No que concirne ao uso doutros idiomas, os participantes consideran que estes son secundarios. As conclusións subliñan a necesidade de centrar a atención da ensinanza do inglés no ámbito dos negocios na adquisición de destrezas pragmáticas e culturais, co obxectivo de que os futuros traballadores estean convenientemente preparados para a comunicación empresarial a nivel internacional.